Thursday 02 de May de 2024

Mostra de Cruz Vermella ‘Acollemento familiar. En familia, por dereito’ en distintos edificios públicos de Ordes


Na escola de música, na piscina municipal, na biblioteca, ou no centro de saúde . En todos estes espazos os veciños e veciñas de Ordes poden contemplar ata o vindeiro luns a mostra ‘Acollemento familiar. En familia, por dereito’. Esta mostra itinerante organizada por Cruz Vermella está composta por 8 paneis. Neles explícase o proceso mediante testemuños reais de familias acolledoras e persoas adultas que no seu día foron acollidas.

A mostra forma parte das iniciativas para informar e sensibilizar, co obxectivo final de que máis persoas se animen a participar no dito programa. Nel participan tanto Cruz Vermella como a Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.